02/04/17

Día da árbore




21 de marzo: DÍA DA ARBORE


Apadriñar  unha árbore é un proxecto da nosa escola para conmemorar o día da árbore e da auga. Queremos  facer conscientes aos nosos alumn@s de  coidar e protexer as árbores , como fonte de riqueza paisaxística, natural, cultural, social e económica.



 Poesía a un  carballo-5º EP :

  Carballo rexo,e potente,
calado ou musical: 
loitas como valente
coa choiva e a neve.

Carballo verdeado
solemne e centenario
estás aí plantado
ollando o calendario.

O Carballo , carballeiro,
ten forza de xigante,
coas súas follas ao vento
anda él tan contento.


VÍDEO

1 comentario: