21/02/14

Receita de Filloas

Despois da troulada do xoves de compadres , chegou un venres  de entroido moi larpeiro.
As mestres de infantil fixéronnos unha receita tradicional galega: unhas boísimas filloas. Mmmmmm...riquísimas! Gracias as mestres cociñeiras por facernos disfrutar de tan saboroso manxar e mesturadas co seu cariño e o chocolate e azucre estaban para non parar de comer. 
E así rematou o día con azucre, chocolate e mooooita maaaanducada!



20/02/14

Xoves de Compadres

Xa iniciamos o entroido co XOVES DE COMPADRES, no que fixemos unha simbólica liorta entre os nenos e nenas.

 Neste primeiro xoves as nenas facemos uns bonecos con papeis e trapos chamados compadres, que defendemos para que os nenos non se apoderen  deles , xa que a súa intención é a de rompelos. 

A liorta hoxe foi moi disputada!!!! 

Non sabemos o que pasará o próximo xoves de comadres!
A Liorta queda pendente!



7



18/02/14

CORAZÓNS CHEOS DE SONOS

NÓS SOMOS NEN@S QUE NOS GUSTA MOITO LER E ASOMARNOS A VENTÁ QUE ELES NOS ABREN E PERDERNOS NAS VERBAS E HISTORIAS QUE NOS CONTAN.
ESTE ANO FIXEMOS UN SAN VALENTÍN DE AMOR AOS LIBROS, E FALAMOS DOS LIBROS QUE ESTIMULAN OS NOSOS SONOS E A IMAXINACIÓN. 
OS LIBROS ESTÁNNOS A ESPERAR NA BIBLIOTECA DO NOSO COLE E ALÍ SÍ  DISFRUTAMOS DE FELICES LECTURAS.

POIS ASÍ NACERON OS NOSOS CORAZÓNS CON PATAS...DENDE O NOSO CORAZÓN  VOARON ATA OS DOS NOSOS SERES QUERIDOS E CON ELES A NOSA IMAXINACIÓN PARA DECIRLLES O QUE OS QUEREMOS.




AMOR AOS LIBROS

Enlace Blog Esquío da nosa biblioteca:
Amamos a lectura