21/09/17

BENVIDOS ALUMN@S DE 6º


26SET
Estamos de volta nun novo curso, con novas caras e tamén con ilusións renovadas. Queda un longo camiño por diante, quedan moitas voltas que dar pero pasiño a pasiño iremos superando obstáculos.
Imos aló!!

ENLACEProxecto Documental curso 2017/18:

Con C de CINE (BIBLIOTECA BLOGUESQUIO)

Este curso imos adicar o noso proxecto de traballo ao cine: 

"CON C DE CINE"

A finalidade deste proxecto é suscitar calquera contido educativo desde unha perspectiva lúdica, espertar entre o noso alumnado un espírito libre, creativo e crítico, aspectos que parecen importantes de potenciar desde as primeiras idades para conseguir persoas con criterio propio dentro dunha sociedade cambiante. Este é un proxecto para ir conseguindo unha escola  que trasmita valores éticos, culturais e estéticos...en fín, insertar a escola na vida.

23/05/17

Letras Galegas 2017

                       Galegueando na nosa escola
                     NÓS ESTAMOS DE FOLIADA,
           HOMENAXEANDO AO CASARES
         POETA NADO NESTES LARES,
  E INTERPRETADO POR ESTES PARTICULARES ESCOLARES.
VAI O VÍDEO DA NOSA ACTUACIÓN, ESPERAMOS QUE SEXA DO VOSO AGRADO.



25/04/17




LEMBRANDO A HISTORIA PARA MANTER VIVA A NOSA LINGUA.
IV Premios Estatuto de Autonomía, que este ano levaba por lema "A nosa lingua ", en referencia ao artigo 5 do texto. 

A clase de 5º de primaria da nosa escola resultou premiada có traballo de Candela. Os nenos e nenas de 5º dedicaron o seu tempo a reflexionar   sobre a nosa lingua, a falala e a darlle a importancia que ten. Nós dicimos : “Non podemos estar  máis orgullosos de ter unha lingua que nace aquí e, que é nosa e de ninguén máis”

02/04/17

Día da árbore




21 de marzo: DÍA DA ARBORE


Apadriñar  unha árbore é un proxecto da nosa escola para conmemorar o día da árbore e da auga. Queremos  facer conscientes aos nosos alumn@s de  coidar e protexer as árbores , como fonte de riqueza paisaxística, natural, cultural, social e económica.



 Poesía para un  Carballo-5º EP :

  Carballo rexo,e potente,
calado ou musical: 
loitas como valente
coa choiva e a neve.

Carballo verdeado
solemne e centenario
estás aí plantado
ollando o calendario.

O Carballo , carballeiro,
ten forza de xigante,
coas súas follas ao vento
anda él tan contento.


VÍDEO

13/03/17

Entroido

Un ano máis a esperada celebración do Entroido na escola de Toén! 
Este ano relacionado coa CIENCIA  e  NÓS,  os de 5º de E.P, somos a clase da ROBÓTICA. Desfilamos, bailamos, xogamos, comimos... COMO AUTÉNTICAS MÁQUINAS
SÍ, un día xenial!

A nosa ROBOTICA  parodia:

  "ROBONOTICIAS"



A BAILAR....





ROBONOTICIAS
TEXTO : NOTICIARIO ROOOOOBOTICO!
AUTORES: AULA 5º DE E.P

Noticia I:

Produtora(Zoe): Comeeeeeezamos! Estamos no aire. tarari , tarari  …
1.  H.Hervella.-Ola, BoooooaS tardes! Suuuuper noticiario rooooooobótico!
2.  GABRI.- COMEZAMOS POLAS NOoooTICIAS. ENTRAMOS!
3.  Hugo.H.-Na data de hoxe celébrase unha MARCHA RoooBOTICA CONTRA A OBESIDADE.
4. GABRIEL .- A dieta robótica insán  consiste en … ADIANTE O NOSO ROBOREPORTEIRO.
5.  MARCOS (cámara gravando  a marcha robótica).
6. Xan.-(Reporteiro entrevista a H.Gallego).- Máquina, vostede síntese goooordo?
7.  Máquina H.G.- Bueeno, a miña roboooticamamá dame unha cantidade inmensa de: microchips, dvds, peints, cds, software….
8.  Xan.- Mi madriña!!!! ... A túa nai chóvelle, eh!
9.  Marcos (cámara berrrando): Máquina fai deporte, ti es un inadaptado social! Ai rediós!
10.  Xan : Atención disólvanse e regresen aos seus facebboooks.

Noticia II
Cámara (Joel)Encargada do son (Zoe) tararitarariiiii… (varias veces).

1.Candela.- Notición. Amooooor inoxidable entre rooooobots! Quérense mogollón.
2.  Aroa.- Ooooh! amor cableado, chisposo e de tooooornillo.
3.  Candela: Roboticaaroa!, en galego parafusooooo!!
4.  Aroa: ai! Cupido ponse robooootico.

Personaxes: H.H., Gabriel e H.G. (sacan o ramo/tornillo cableado de regalo entre eles con moita efusividade).

Noticia III

Cámara: Gabriel
Encargado son: Hugo H (tariritari tararitari…)

1.  Marcos: Seguimos en Roboootilandia! Robots de cociña rebélanse e  comen aos  humanoooooides.
2.  Zoe: Me robo guuuusta! cociñan na termomix platos  de tornillos (enténdase, parafusos) en salsa de humanoides por wuindos!
3.  Marcos: siiií. os humanos estaban como reis decuartizados.
4.  Zoe: ti sabes,  o can da casa pillou unha moscaaaaa…
5.  Marcos: PUAJ!... claro un robot é un robot, e un home é un … bicho! Son todos estes humanos,  uns encollidos do demo!
6.  Zoe: e enriba estes robots que comen coma pitas…non se entende…asquitoooo, comen comida de enfermos!
7.  Marcos: sí, oh! gústalles comer “defresco”.

Noticia IV

Cámara: Aroa

Marcos: encargado son ( tararitarari…)

1.-Hugo.G: Avance tecnolóoooxico mundial!
2. Joel: apocalísis robótica!
3.-Xan: os robots din que queren sustituir as vidas deses... mal chamaaados “sereshumanos”.
4.-Hugo.G.- Os robts preparan impresións en 3d , masivas,  para invadir o planeta Terra.
5.-Joel: Ooooh…os humanoides están a pillar unha mooooosca! Non nos entenden.
6.- XAN.- Bah!  vaia que…, nunca choveu, que non escampase! Tranqui, máquina! ti coma se na!
7.-Hugo.G.: Claro máquina… can e gato non comén ben nun mesmo prato!
  

Noticia V


Encargado son ( Xan): entra sintonía:tarari rari…….
Cámara Hugo G.

Candela: Información depooooortiva!
Aroa: Os robolistas de Robotilandia xogaron un partido contra os humanoides de Toén.
Candela: Aaaaadiante o noso reporteiro roboticoHH.
Reporteiro(Hugo H): Máquina, como vos foi no partido?
Xogador (Gabriel): Pois…..mal, mal! O adestrador dixo que xogaramos a táctica “Bip1000, Bip1000…” e  o árbitro vai e se mosquea.
Reporteiro Hugo H: Claro é  un humanoide, non entende o  roboticoxogo. Nós xogamos por whasap, os goles os metemos por Blutú, e os publicamos no Faceebook.
Hugo G (cámara).- Sondes uns peliculeirosssss. Tes unha empanada enriba máquina. Anda, date unhas fregas de “tres-en-un”!
Xogador Gabriel.- Vós os da “TV Jalleja”, vaia por deus…,estámosche bos! Non aturades nada: tanta Jalicia calidade, Jalicia calidade! Na de na!

(Preparándonos para o baile)

Candela: Retuit/retuit…/ como vos quedou o corpo, eh!

H.Hervella: Marchamos, que temos que marcharrrrr!!!!

Joel: A bailaaaar! Sacho, grelos e rok and roll

23/11/16

Robotic@s





Este curso estamos decidid@s a aprender coa Robótica. Empezamos por coñecer o que son as máquinas . Sabemos que son a base do progreso tecnolóxico e que os humanos creámolas para que nos axuden a facer diferentes actividades de forma máis sinxela, rápida e con menos esforzo.

Estamos aprendendo moito vocabulario relacionado con este tema, e sí , xa sabemos o que son as máquinas simples e as complexas. O noso "PEPE" polo momento é "simple"...pero xa se irá facendo máis complexo coa nosa axuda a medida que avance o curso e tamén os nosos coñecementos.

14/11/16

POETAS: MAGOSTO ROSMÓN!


AÍ VEN A CASTAÑA
CON GRAZA SEN PAR
CORRENDO LIXEIRA
A NOS ATOPAR!

NO MAGOSTO DO COLEXIO,
ASAMOS MOITAS CASTAÑAS
CAENSE TODAS AS FOLLAS
E PINTÁMONOS A CARA.

FACEMOS UNHA FOGATA
TAN GRANDE COMA UN CAMIÓN,
COMEMOS AO AIRE LIBRE
E XOGAMOS CO CARBÓN.

O MAGOSTO O CELEBRAMOS
NO COLEXIO DE TOEN,
ASAMOS AS CASTAÑAS
E AS COMEMOS CON EFRÉN

FACEMOS A FOGATA,
E XA TEMOS  AS CASTAÑAS.
COMEMOS UNHAS POUCAS
E CANTAMOS UNHAS SONATAS

FACEMOS UNHA FOGATA
E COLLEMOS O CARBÓN
PINTAMONOS A CARA
E XOGAMOS UN MONTÓN.

ENLARAFUZÁMONOS  A CARA ,
E NINGUÉN NOS REGAÑA,
GÚSTANOS MOITO,
PORQUE FACEMOS TRASNADAS.

PINTÁMONOS A CARA
QUE COUSA TAN RARA!
... NOS XA REMATAMOS
E AOS MESTRES EMBORROAMOS!

06/11/16

Samaín

  Tarefa: CONTAR EXPERIENCIAS

  • Ponlle un Título terrorífico.
  • Conta a túa experiencia dese día.
  • Relata de xeito ordenado o que fixeches ti para vir disfrazado á escola e explica que che pareceu a festa do colexio e os disfraces dos teus compañeir@s.
  • Planifica, escribe e revisa. 
  • Fíxate na ortografía e utiliza un vocabulario axeitado ao tema.






SAMAÍN  FANTÁSTICO


Autora: Aroa / 5º
O samaín foi unha experiencia fantástica, non só porque foi moi divertida, que tamén, pero sobretodo porque é unha tradición galega.Eu viñen disfrazada de Anabel, collín un camisón da miña nai, fíxenme unhas trenzas e un coitelo de cartón ensangrentado.A festa do colexio pareceume moi divertida! Os disfraces dos meus compañeiros parecéronme espectaculares, mellores que o meu, algúns nen@s que ían disfrazados de zombis creo que serían os mellores disfraces de todo o colexio e os demáis xenial.

O DÍA DO SAMAÍN NO COLE
Autora: Candela / 5º
Hoxe, o primeiro que fixen foi facer o meu disfrace:
"nena diabólica"
Collín un vestido que tiña ao máis fondo do meu armario, e púxenlle por debaixo unha camiseta de raias. Axiña acabei de almorzar, e logo fixen dúas coletas ben despeiteadas.
 Ao montar no transporte escolar, vin uns disfraces terroríficos que daban moito medo. Cando fixemos as filas no cole, coma sempre, a profe Sali asustounos a todos co seu magnífico disfrace. Despois cantamos a canción dos esqueletos. 
Ao rematar o recreo, limos todas as nosas apócemas, mentres que os profes botaban os ingredentes que cada un de nos dicía.
Acabado, probamos todos a asquerosa  e repugnante gran apócema.
Que ben o pasei este día!


👹A pandilla dos disfraces do Samaín

Autora: Zoe-5º
A min o día do Samaín no cole pareceume moi divertido porque na media mañá saímos a fora a ler a nosa poción a tod@s os nen@s e Mestres , e cando acabamos fixemos unha apócema que podíamos beber nós. Logo as profes estaban dando medo .Tamén me gustou  o postre porque  eran arañas de galletas oreo e regalices.
Eu para vir disfrazada de zombie tiven que coller uhna camiseta, romper unas medias e una falda . A miña nai levou moito traballo para cardarme o pelo e pintarmo cos espráis. Por último tiven que coller un flish que era sangre e botarmo pola roupa e polo pescozo.
A festa do colexio pareceume moi divertida e os disfraces dos meus compañeiros gustáronme moito porque eran moi orixinais  e tamen me gustaron os das profes.

...A FESTA DO SAMÍN DO COLE , ENCANTOUME!


O SAMAÍN EN TOÉN
Autor: Gabriel-5º
A miña experiencia nese día foi moi divertida e ao mesmo tempo terrorífica.
So tivemos unha hora de clase, o resto do día estivemos a celebrar o Samaín. Xa facía tempo que sabía de que ía ir disfrazado.
Cando chegou o día sinalado, a miña nai maquilloume e levoulle moito tempo.Deseguido púxenme o disfrace e marchei cara o colexio.
A festa que se celebrou na escola, foi unha festa das que xamáis olvidarei.
Paseino xenial, xa que xogamos todos xuntos, incluidos os mestres, ata a comida estaba relacionada co Samaín.
Os meus compañeiros tiñan uns disfraces moi aterradores. Había de todos os tipos: de zombies, de vampiros, de muñecos diabólicos...  Todos ían xenial.

Ese día foi dos meus preferidos.

UN DÍA, ESPELUZNANTE!


Autor: Xan - 5º

O día 28 de octubre do 2016, desperteime sobre as oito da mañá para pintarme a cara de branco e porme o meu disfrace de Slenderman: unha chaqueta de músico sen ombreiras, unha camiseta do día da bici dada a volta, unha corbata feita con feltro vermello e unas media recheas de algodón e cosidas a chaqueta. 

Aquel día fixemos fotos, xogamos cos disfraces e incluso bebemos unha desagradable e asquerosa pócema.

Os disfraces dos meus compañeiros gustáronme moito e parecía que estaban tan ben traballados coma o meu.

Ah, si! A comida foi extraordinariamente repugnante, puagh!  


                     A FESTA DO SAMAÌN

Autor:    Marcos de 5º
O dìa 28 de outubre foi a festa do SAMAÌN no colexio.
Ese dìa todos imos disfrazados de cousas TERRORÌFICAS como zombis,vampiros...
Eu fun de Jeison. Para conseguir o disfraz tiven que comprar unha màscara de porteiro de xockei ,despois fixen unha gadaña e por ùltimo collín unha sudadeira con capucha.
No colexio ian uns disfraces monstruosos e TERRORÌFICOS e moi ben feitos,e como todos os anos, e a profe Sali fixo o mellor disfraz.

                                                     
UN DÍA TERRORÍFICO
Autor: Hugo H.
A mín encantoume este día, por fin chegou o…SAMAÍN. O día 28 de Outubro do 2016 foi un día que nunca esquecerei!!!
Eu para vir disfrazado de “Van Helmot” (Caza vampiros) tiven que coller unha chaqueta vella do meu pai e recortarlle as mangas, despois busquei un sombreiro na maleta dos disfraces e un pano para o pescozo. Ao final, a miña nai, colleu un cinturón e púxolle un cartón con forma de balas por fóra.
Os disfraces dos meus compañeiros, encantáronme !!
Foron moi CREATIVOS.
Tamén me gustou moito a comida con forma de arañas.

Foi un día FASCINANTE !!!!


A FESTA DO SAMAÍN

AUTOR: HUGO G.
O día de Samaín é dos máis divertidos do ano. Todos fomos ao cole disfrazados e maquillados.
A profe Sali foi petando polas clases, abrindo as portas e facendo ruidos para que parecese terrorífico.
Cando celebramos esta tradición ,as cociñeiras sempre preparan una comida escalofriante, pero, a nós, parécenos moi divertido. Este ano había ovos de tarántula e de postre arañas de patas  vermellas.
Na festa que organizamos había desde mortos viventes ,vampiros , demos e moitos monstros.. Eu disfraceime de morto vivente e para iso tiben que:

1_  Pintei a cara de branco e uns retoques de vermello.
2_ Recortei una camiseta do meu pai para que parecerá  vella e rota.

3_ Por último pintei retoques na camiseta de vermello e o pelo de cor laranxa.


17/10/16

Investigamos: Tolos pola ciencia . Curso 2016-17

Este ano o noso proxecto documental ten moita CIENCIA e Efrén convídanos a participar neste proxecto e converternos este curso en científicos e científicas.

Polo tanto, nós os de 5º, imos traballar coa ciencia e a tecnoloxía a reo.

A profe María propúxonos que xa que temos o ESCORNABOTS na biblioteca usemos a robótica para divertirnos e  que elaboremos actividades de  lingua  para aprender. 

Así que...mans a obra! Programamos cos botóns as secuencias de movementos do robot e ...ala! , a traballar coa ortografía e a gramática.

Comenzamos pensando como podíamos facer un xogo divertido , pero a vez que sirva para repasar e aprender as linguas.

Ocurréusenos que poderíamos facer uns xogos  nos que as NORMAS elexidas son as seguintes:

1º.- Cada xogador dispón de dous dados.

2º.-O xogador/a tira os dous dados e sae un nº.

3º.- Co nº que saiu o xogador ou xogadora programa o ESCORNABOT para que se desplace a casilla correspondente do taboleiro.

4º- Cando o Escornabot chega a casilla , esa casilla ten unha pregunta agochada a cal temos que dar resposta.

5º.-  As preguntas son difíciles e hai que dar respostas moi claras e precisas.

Bueno...claro que nós xa as sabemos porque somos os inventores do xogo e das preguntas!

A xogarrrrrrrrrrrrrrrr.....!

No vídeo vai descrita unha secuencia do xogo...pero hai moitas máis...



26/06/16

Proxecto Documental


Contar a historia e coñecer como vivían os antigos castrexos, todo nun ambiente de diversión, foi o obxectivo do primeiro campamento castrexo que se fixo no poboado de Toenius, construído con motivo do proxecto documental do curso 2016/17:"ENTRE VIÑETAS".
Nas seguintes imaxes vai un anaquiño das nosas  vivenzas...


Historias Castrexas on PhotoPeach