25/11/12

Teatro - TITIRICIRCUS


O próximo luns iremos ver unha obra de títeres ao AUDITORIO MUNICIPAL DE OURENSE 
de "Tanxarina Títeres"

 Será unha lembranza fantástica do gran circo de carpa alta e bicolor: a historia de dous vellos traballadores daquel circo que lembran agora con monicreques de fíos e traballo cómico as glorias do seu pasado na pista. Nun permanente xogo participativo co público, van aparecendo os números máis importantes daquel vello circo xa esmorecido: o home máis forte da península ibérica, o malabarista máis divertido e bailadeiro do mundo e durante unha hora TODOS NÓS... estaremos no circo! 


...E NÓS FIXEMOS UN OBRADOIRO DE MONICREQUES. ...

AHÍ VAN OS NOSOS TRABALLOS!











A DIXESTIÓN

20/11/12

20 de Novembro. Día Universal do nen@

DÍA UNIVERSAL DO NEN@

«Todos fomos nen@s algunha vez. E todos desexamos por igual o benestar dos nosos nen@s,que sempre foi e seguirá sendo o anhelo máis universal da humanidade».

Hoxe, 20 de novembro, celébrase o Día Universal do Neno. Nesta data commemórase a aprobación da Declaración dos Dereitos do Neno en 1959 e a Convención sobre os Dereitos do Neno en 1989. Realízanse actividades para promover o benester de todos os nenos do mundo e reclámase que se cumpran os dereitos que todos, absolutamente todos os nenos, posúen. 

DEREITOS:

1. Dereito á igualdade, sen distinción de raza, relixión ou nacionalidade.
2. Dereito a unha protección especial para que poidan crecer física, mental e socialmente sans e libres.
3. Dereito a ter un nome e unha nacionalidade.
4. Dereito a unha alimentación, vivenda e atención médica adecuadas.
5. Dereito á educación e atencións especiais para os nenos física ou mentalmente diminuídos.
6. Dereito á comprensión e amor por parte das familias e da sociedade.
7. Dereito a unha educación gratuíta. Dereito a divertirse e xogar.
8. Dereito a atención e axuda preferentes en caso de perigo.
9. Dereito a ser protexido contra o abandono e a explotación no traballo.
10. Dereito a recibir unha educación que fomente a solidaridade, a amizade e a xustiza entre todo o mundo.



19/11/12

OS POLÍGONOS


UN POLÍGONO É UNHA FIGURA  PLANA  CON LADOS RECTOS, E NOMEÁNSE POLO NÚMERO DE LADOS QUE TEÑEN : triángulo(3 lados); pentágono (5 lados)...

FIXÁDEVOS  NESTES POLÍGONOS E DESPOIS XOGADE A CLASIFICALOS...



07/11/12

As nosas receitas con castañas.Tempo de castañas e magosto

 As castañas son un alimento moi nutritivo que nos enche de enerxía na época de frío. E que mellor opción para consumilas, que introducilas nas nosas sobremesas.

Os nenos e nenas de 2ºcurso  do CEIP "Saco e Arce" de Toén, seguiremos nestas datas de MAGOSTOS informándovos das nosas riquísimas receitas....!



Receita de castañas ao forno


 Asar castañas é un plan ideal para facer cos nenos/as. É a época do ano en que nos encanta saír a pasear con eles e recoller castañas. Logo cando volvemos á casa chega a segunda parte da diversión: asalas ao forno! Como o pasan os nenos e nenas  esperando as castañas e logo coméndoas! 
Preparación.Prequecer o forno a 200ºC mentres facedes un corte a cada castaña para que non estalen no forno. É unha incisión que debedes practicar do tamaño dunha pequena uña, lateralmente coma se foses a pelar unha pataca. O corte debe atravesar a pel exterior e a interior, pero apenas rozar o froito. Procura non arrancar a pel, só un pequeno corte para que non se inche e estale. Colócaas na bandexa de forno sen amorear e enfórnaas durante ½ hora. Comproba que estean feitas agarrando unha cunha luva de forno, se cede á presión da man significa que xa están listos. Coidado con probala, evidentemente, queima!

A degustación :  RICAS, RICAS!


 A Torta de castañas e chocolate

Os ingredientes: 600 gramos de castañas crudas peladas, 150 gramos de azúcre, 50 gramos de manteiga, 4 ovos, 1 chisquiño de licor, 1 culleriña de cacao en po, un chisco de sal, 1 limón e 1 cullerada de azucre glass.


A preparación

Coce as castañas en auga salgada uns 25 minutos, escórreas e pásaas polo pasador de puré cando aínda estean quentes.Separa as xemas das claras e trabállaas co azúcre e a manteiga amolecida ata obter unha crema fina. Engade un pouquiño licor, o puré de castañas, o cacao e a pel relada do limón.
Monta as claras a punto de neve cun chisco de sal, e agrégaas devagar á mestura anterior, batendo coas varas de abaixo a arriba.

Pon o forno a quentar 190ºC e unta con manteiga o molde da torta. Verte o composto no molde e introdúceo no forno durante 1 hora. Fai a proba do escarvadentes para comprobar que está ben feito. Déixao arrefriar, desmolda o e adórnao con azúcre glass, tamén se queres, pódelo acompañar de nata ou chocolate quente.

A degustación: O sublime non ten nome nin explicación, vós encontrádela?

...E como xa chega o nadal, imos practicando: